CAST | GAL

Décimo oitava edición (2014-2015)

 
Voz Natura, Alcoa e Educación, unidos polo medio ambiente
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Voz Natura, Alcoa e Educación, unidos polo medio ambiente

O director xeral de Alcoa Primario en España e Alcoa San Ciprián, Rubén Bartolomeu; o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez e o director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, José Francisco Sánchez, entre outras autoridades, presentaron onte Naturacción, un subprograma de Voz Natura patrocinado pola Fundación Alcoa...

 
Os patios escolares transfórmanse en hortos Voz Natura
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Os patios escolares transfórmanse en hortos Voz Natura

Os comedores escolares dos centros Voz Natura son este curso máis sans, ecolóxicos e didácticos que nunca. O motivo: os proxectos ambientais que están a desenvolver miles de nenos e que inclúen, na maioría dos casos, a creación e mantemento de hortos no propio recinto escolar. Do patio ao prato directamente e co aliciente de ser colleita propia.

 
Voz Natura métese nas axendas da ESO e Bacharelato
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Voz Natura métese nas axendas da ESO e Bacharelato

Coidar unha horta escolar é unha actividade apropiada para calquera idade. Pero aproveitar a horta como práctica para a creación dun plan de negocio é ir un paso máis aló. Ese valor engadido para os proxectos, a maior complexidade e especialización, é a característica principal das actuacións Voz Natura desenvolvidas polos estudantes de secundaria e bacharelato: preto de 7.000, en 25 intitutos e 31 colexios.

 
Reciclaxe coa mirada posta nas festas de Nadal
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Reciclaxe coa mirada posta nas festas de Nadal

Ante a proximidade das festas do Nadal, un bo número de centros escolares que participan no programa Voz Natura súmanse a outra festa: a da reciclaxe. E non o fan unicamente porque chega o Nadal.

 
As asociacións de Galicia súmanse ao proxecto
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

As asociacións de Galicia súmanse ao proxecto

Non só son os centros escolares os que participan activamente desde que naceu Voz Natura. Edición tras edición viñéronse sumando cada ano máis asociacións de todo tipo, tanto ambientais como de educación especial ou de corte ecoloxista.

 
Voz Natura dedica a 19.ª edición a coidar os ecosistemas autóctonos
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Voz Natura dedica a 19.ª edición a coidar os ecosistemas autóctonos

O 2015 foi declarado pola 68.ª edición de Nacións Unidas como Ano Internacional dos Chans. Ao fío desta conmemoración, pero avanzando un paso máis, o programa de educación ambiental da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre decidiu dedicar ao próximo curso á protección dos todos ecosistemas autóctonos de Galicia.

 
Fiesta fin de curso: 6 de xuño
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Fiesta fin de curso: 6 de xuño

Faltan pouco máis de dous meses para que Voz Natura despida a súa 18.ª edición e o programa está xa inmerso na organización da súa festa fin de curso. Cada ano reúnense no parque de Acea de Ama (Culleredo-A Coruña) miles de persoas procedentes de diversos lugares de Galicia para compartir un día de actividades e xogos.

 
Preto de 5.000 alumnos lucenses coidan o medio con Naturacción
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Preto de 5.000 alumnos lucenses coidan o medio con Naturacción

 Por segundo ano consecutivo, miles de escolares do norte e centro da provincia de Lugo están a participar en Naturacción, un subprograma de Voz Natura patrocinado pola Fundación Alcoa co respaldo de Alcoa San Ciprián e a colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 
O CEIP Albino Núñez de Ourense gaña o premio ao mellor blog
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

O CEIP Albino Núñez de Ourense gaña o premio ao mellor blog

Do horto ao prato. Ou xardín dous sentidos é o título do blog Voz Natura do CEIP Profesor Albino Núñez, de Ourense. Este caderno dixital foi seleccionado polo xurado do Voz Natura como o mellor do curso 2014-2015 dos que forman a súa comunidade virtual.

 
O IES da Illa de Arousa gaña o premio Galicia de Voz Natura
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

O IES da Illa de Arousa gaña o premio Galicia de Voz Natura

Gañaron o premio provincia de Pontevedra o ano pasado, pero non se conformaron. A comunidade educativa do IES da Illa de Arousa empezou o curso 2014-2015 con máis ganas aínda, con máis actividades e máis comprometidos que nunca.