CAST | GAL

Curso 24-25: Ciencia que coida e preserva

Volver

 

CONCURSO CIENCIA QUE COIDA E PRESERVA

Lanzamos un concurso de experimentos e investigacións científicas, para os participantes na actual edición do programa, co obxectivo de fomentar o espírito científico e incentivar a procura de solucións para protexer o medioambiente.

 

ECO-RETOS VOZ NATURA

Co obxecto de visibilizar as vosas accións ambientais, propoñémosvos realizar e compartir os vosos logros de recuperación e defensa da natureza. 

Animádesvos a participar?

 

VISITAS E TALLERES EDUCATIVOS NO MUNCYT 

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía volven poñer en marcha o programa de visitas guiadas e talleres educativos do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt) da Coruña, co obxectivo de achegar a ciencia e o coñecemento científico a toda a sociedade.

 

CHARLAS DE PROTECCIÓN DA NATUREZA 

Poñemos en marcha un novo ciclo de accións formativas, en colaboración coa Garda Civil e Policía Nacional, que ofrecerán aos centros que participan en Voz Natura, charlas gratuítas para concienciar a nenos e mozos sobre a necesidade de coidar a natureza.

 

Voz Natura busca reporteiros medioambientais!

A web e as nosas Redes Sociais -Facebook, Instagram ou o canal de YouTube de Voz Natura- queren ser escaparates do voso labor ambiental, así que collede o móbil, a cámara de fotos, de vídeo..., gravade o voso traballo e convertédevos en reporteir@s ambientais. Así todo o mundo poderá ver o que facedes para coidar a contorna natural de Galicia e contaxiarase do voso compromiso coa natureza.