CAST | GAL

VOZ NATURA EN ACCIÓN

Actividades   |   Voz Natura en acción

 

ECO-RETOS VOZ NATURA


Volvemos poñer en marcha esta actividade cuxo obxectivo é seguir impulsando a acción e concienciación ambiental.

Como?
É moi sinxelo. Só tedes que mostrarnos en redes sociais o que estades a facer polo medio ambiente… Que é moito!

Cada mes, propoñerémosvos un eco-reto para realizar accións de recuperación ou defensa ambiental no cole, en casa, con amigos, etc.

Cando o consigades, facedes unha foto ou un vídeo cortito (menos dun minuto) e subídelo a Facebook ou a Instagram, engadindo o hashtag #AccionVozNatura e o hashtag de cada mes. E... Non vos esquezades de  etiquetar cada foto ou vídeo con: @voznatura para que podamos ver todo o que publicades! 

Este ano empezamos co tema destacado desta edición: o coñecemento e uso da ciencia e o método científico para protexer o medio ambiente, polo que, durante o mes de outubro, o reto será mostrar que accións, estudos ou investigacións realizamos para preservar a natureza.  Hashtag: #RetoProtegemos

É dicir, ás fotos ou vídeos dos retos que subades ás vosas redes sociais, ao longo do mes de outubro, debedes engadir: #AccionVozNatura, #RetoProtegemos (ademais de  etiquetarnos con: @voznatura).

E, para que poidades planificar as vosas accións ambientais da presente 28.ª edición Voz Natura, adiantámosvos os retos dos próximos meses:

Novembro: Investigamos. #RetoInvestigamos
Decembro: Reutilizamos. #RetoReutilizamos 
Xaneiro: Divulgamos. #RetoDivulgamos
Febreiro: Inventamos Enerxía. #RetoInventamos 
Marzo: Plantamos. #RetoPlantamos
Abril: Concienciamos (ideas para protexer a Terra). #RetoConcienciamos 
Maio: Preservamos. #RetoPreservamos (ríos, montes, praias, biodiversidade, hábitats…)  
Xuño: Presumimos (despois do traballo durante o curso, presumimos dos resultados). #RetoPresumimos

Comparte os teus logros ambientais!