CAST | GAL

Vixésimo terceira edición (2019-2020)

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Novas fiestras

Desde o CEIP Amor Ruibal en Barro, Pontevedra, achégannos esta fantástica iniciativa. E vos, ¿qué queredes ver pola fiestra?.

 
Un horto terapéutico
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Un horto terapéutico

No CEE Miño de Velle, en Ourense, saben das propiedades terapéuticas das actividades de horto: ao aire libre e en contacto coa terra trabállase a psicomotricidade, actívanse os sentidos e sobre todo, hai que ver como gozan os alumnos!

 
Un proxecto para aprender e mellorar
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Un proxecto para aprender e mellorar

Hoxe recomendámosvos un blog moi interesante e completo da man CPR María Auxiliadora Salesianos de Ourense. Aquí atoparedes actividades de todo tipo: rutas didácticas, viveiro de árbores, exposicións e traballos de investigación, horto escolar e moito máis. Un proxecto multidisciplinar co que alimentar a nosa intelixencia colectiva nestes tempos de corentena. É momento de pensar!

 
Limpeza da praia de Arcade
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Limpeza da praia de Arcade

Aquí están os alumnos do CEIP A Lama de Pontevedra dispostos a limpar a praia de Arcade coa axuda dos mestres e mestras do centro. Unha iniciativa que serve para concienciar sobre os perigos dos plásticos e microplásticos verteidos nos nosos océanos e, por suposto, para manter limpa a bonita praia de Arcade!

 
O espantallo
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

O espantallo

No EEI Raíña Lupa de Boqueixón crearon este espantallo de material reciclado para o seu horto urbano. Un novo uso para estas botellas e tapóns. Neste centro son grandes expertos na reciclaxe creativa de plásticos!

 
O herbario de Marcón
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

O herbario de Marcón

No CEIP de Marcón, en Pontevedra, crearon un herbario estupendo que lles serviu para investigar sobre as árbores do seu patio. Secaron as follas, clasificáronas e decoraron a portada. Ademais puxéronlle a cada aula o nome dunha árbore.

 
Invernadoiro reciclado
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Invernadoiro reciclado

No CEIP Amaro Refojo de Verín están a crear este invernadoiro de botellas de plástico recicladas para complementar ao seu horto urbano. Unha experiencia que cada vez vemos máis replicada nos colexios Voz Natura. Animámosvos a ela porque nos encanta!

 

Plantando patacas

A EEI de Borreiros, en Gondomar, saíu a plantar patacas aproveitando o bo tempo. Achégase a primavera, e con ela, o mellor momento para traballar no horto.

 
Encargados
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Encargados

Así se encargan os alumnos do CEIP A Solaina de Narón da separación de residuos e a reciclaxe no seu centro. Tomando a iniciativa!

 
Creatividade para sensibilizar
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Creatividade para sensibilizar

Así traballan no CPR Jorge Juan de Narón, a través dun proxecto multidisciplinar no que entra en xogo a creatividade para reciclar, aprender valores, sensibilizar sobre os retos ambientais do presente e formarse para adquirir bos hábitos ambientais. Aquí unha pequena mostra!

 
Un invernadoiro robótico
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Un invernadoiro robótico

No EFA  Fonteboa de Coristanco están a pór a punto o seu invernadoiro robótico en colaboración co programa AgroRoboTics de Iniciativa Xove, que ademais de plantar de maneira autónoma, detecta temperatura, humidade ou sequedad entre outras funcións. Ao seu lado manteñen o sistema de cultivo hidropónico.

 
Un mar de plásticos
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Un mar de plásticos

No CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco crearon un mar de plásticos para concienciar aos alumnos da necesidade de protexer os nosos océanos e á súa vez reciclar os materiais para darlles unha segunda vida.

 
Reforestando en Coles
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Reforestando en Coles

Os alumnos do Colexio Maristas de Ourense desprazáronse ao monte comunal da Ribela, en Coles, para facer labores de reforestación e un roteiro didáctico. Da man do garda forestal Santos, sempre tan disposto e participativo en Voz Natura, aprenderon e disfrutaron.

 
Recollendo plásticos en Ferrol
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Recollendo plásticos en Ferrol

Plastichín e Plastichina encomendáronlles unha misión aos máis pequenos. A Escola Infantil Meniños quere implicar ás familias para recoller plásticos no fin de semana e aprender a separalos e reciclalos correctamente no centro. Parécenos unha gran idea!

 
Coñecer o entorno
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Coñecer o entorno

No CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo queren coñecer a súa contorna natural a través das súas parroquias. Este ano A Devesa e Ove, costa e montaña, serán obxecto de estudo para os seus alumnos. Sempre é importante saír da aula e achegarnos á riqueza natural que nos rodea, moitas veces sorpréndenos!

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Plantando en pixama! Entroido no CEIP Vista Alegre

Baixo as instrucións do meco, que hoxe mandou aos alumnos vir en pixama ao centro, tivemos a sorte de participar na actividade de plantación de fresas dos máis pequenos do CEIP Vista Alegre, en Burela. O seu invernadoiro xa está listo para recoller a verdura de inverno, achégase a primavera!

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

O avó de Viveiro

O avó de Viveiro é un eucalipto de 130 anos, 9 metros de perímetro e máis de 60 metros de alto que vive no Souto da Retorta. A árbore máis grande de España!

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

O tren da reciclaxe

O tren da reciclaxe pasa polo CEIP Celso Currás de Trabada para levar todo tipo de materiais, desde pilas usadas até plástico ou cartón. Unha maneira divertida de separar os residuos e reciclalos.

 
Hotel de insectos
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Hotel de insectos

No CEIP Juan Rey de Lourenzá crearon este hotel de insectos para o seu pequeno xardín. Un lugar que toma forma, rodeado de buxo e plantas bulbosas que darán cor e vida ao centro.

 
Tesoros do Courel
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Tesoros do Courel

A Devesa da Rogueira e o Castelo do Carbedo son dous bos exemplos de tesouro natural e de patrimonio etnográfico que debemos valorar. Situados nun dos lugares máis emblemáticos de Galicia, O Courel é un lugar que coñecer. Lembra, coñecer é querer, querer é protexer!

 
Reutilizando co Seminario
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Reutilizando co Seminario

Os alumnos do Seminario Diocesano de Lugo reutilizan materiais para darlles unha nova vida e un uso diferente. Pantalóns convertidos en bolsas para o pan, xogos e cadernos con xornais vellos, todo é susceptible de recuperarse cun pouco de imaxinación!

 
Facendo compost para a horta
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Facendo compost para a horta

No CEIP Filomena Dato de Ourense aprenden a facer compost para o seu horto e xa están a crear sementeiros na aula para plantar. Só falta que veña o bo tempo!

 

Xabóns con aceite reciclado

Os alumnos do Colexio Padres Escolapios de Monforte de Lemos reciclan o aceite usado para crear xabóns. Veremos os resultados do experimento en canto sequen, pero de momento podemos dicir que cheiran de marabilla. Animámosvos a probar nas vosas aulas!

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Helvellas en Esmelle

José Antonio Díaz Núñez, Presidente do Grupo Micolóxico Galego e membro do Comité Científico de Voz Natura, identifica un grupo de cogomelos ás beiras do regato de Roxadoiro, en Esmelle. Un lugar reforestado e protexido pola Asociación de Veciños Val de Esmelle, que conta con muíños recuperados durante moitos anos nun proxecto de posta en valor da contorna natural.

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Vertedoiro incontrolado en San Pedro de Leixa

Os anos pasan e o vertedoiro incontrolado de San Pedro de Leixa continúa crecendo. Unhas imaxes que deben de servir para concienciar a toda a comunidade na loita por erradicar este tipo de contaminación dos nosos montes.

 
Mundoman no Albino Núñez
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Mundoman no Albino Núñez

No CEIP Albino Núñez tiveron a idea de contar con Mundoman, o seu superheroe ecolóxico, para animar aos seus alumnos a coidar da natureza aprendendo a adquirir bos hábitos ambientais. Mundoman recoméndanos os libros de Naturizo de Javier Domínguez, quen foi profesor e coordinador de Voz Natura nun centro ourensán. Todo queda en familia!

 
Ecovixiantes
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Ecovixiantes

O Colexio Divina Pastora de Ourense é o mellor exemplo de proxecto multidisciplinar. Os seus Ecovixiantes limpan ríos, montes e espazos urbanos, levan a cabo campañas de concienciación ambiental, colocan caixas niños para paxaros e tamén reciclan pilas e tapóns entre outras moitas actividades. Encántanos o seu entusiasmo e compromiso!

 
A importancia de separar ben os residuos
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

A importancia de separar ben os residuos

No CEIP Amaro Refojo de Ourense aprenden a separar os residuos dunha maneira moi visual para os máis pequenos. Grazas a este pequeno collage de restos situado encima de cada papeleira, os alumnos do centro poden identificar en que tipo de colector deben tirar o lixo. Ademais, grazas a este xogo de separación fan prácticas na aula. Parecéronnos ideas fantásticas!

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Creando hoteis de insectos con Sustinea

Desde a Asociación Sustinea de Ourense, Fernando explícanos como creou este prototipo de hotel de insectos. Non volo perdades!

 

O Camiño o seu paso por Xunqueira

Durante os últimos anos, os escolares do CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía puxeron en valor o tramo do Camiño de Santiago próximo ao centro, recuperando o paso do río Arnoia e o Camiño Real. Un bosque moi especial rodéalles, un espazo natural coidado polos máis pequenos.

 
Sementeiros na aula
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Sementeiros na aula

No CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia preparan os seus sementeiros e aprenden sobre os cultivos que chegarán ao seu horto dentro de moi pouco. Mentres duren as choivas os alumnos poden ver o proceso de xerminación.

 
Reciclando plásticos
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Reciclando plásticos

Os alumnos do Seminario Menor A Inmaculada de Ourense decidiron dar vida ás botellas de plástico que colleitan creando un banco para sentarse. Tamén deseñarán un peixe atrapaplásticos que axudará a concienciar á comunidade da contaminación nos nosos oceános.

 
Un Belén moi especial
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Un Belén moi especial

O Centro de Educación Especial Menela de Vigo gañou un accésit no concurso de Afundación grazas a este Belén tan particular, fixádevos ben nos detalles. Parabéns!

 
Os máis pequenos tamén reciclan
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Os máis pequenos tamén reciclan

Desde Voz Natura sabemos que as etapas de educación infantil son moi importantes. É fundamental aprender e interiorizar boas prácticas ambientais desde as idades máis temperás e na EEI Dalila de Marín sábeno. Aquí vemos como lles ensinan a reciclar e separar residuos: practicando!

 
Con moita arte
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Con moita arte

Os alumnos do CPR Jaime Balmes de Noia reciclan con moita arte e orixinalidade!

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Retos ecolóxicos no CEIP Portofaro

Os alumnos e alumnas deste centro de Culleredo demóstrannos a súa enorme implicación coa eliminación de plásticos non só nas aulas senón tamén chegando ás familias, facéndoas participes deste gran proxecto. Un exemplo a seguir!

 
Concienciar e sensibilizar
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Concienciar e sensibilizar

Os escolares do CEIP de Figueiroa na Estrada comezarán este Nadal coa súa campaña Desplastifícate!, unha iniciativa que chegará á comunidade educativa a través dun tríptico con información sobre o ciclo de vida dos plásticos, os seus diferentes tipos, ideas para substituílos e consellos para reducir a contaminación a través dun consumo responsable e a correcta separación dos residuos.

 
Arte e natureza: achéganse as Navidades
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Arte e natureza: achéganse as Navidades

No CEIP Pío XII de Santiago de Compostela plantan no seu invernadoiro, incentivan a creatividade dos seus alumnos cunha marabillosa mestura de arte e elementos naturais e ademais anúnciannos a chegada da época invernal con estas árbores feitas con fíos de coser.

 
A píllara da duna
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

A píllara da duna

O CEIP de Palmeira encárgase este ano de coidar e dar a coñecer á píllara da duna. O tamén coñecido como chorlitejo patinegro foi elixido Ave do Ano 2019 pola oenegué SEO/BirdLife tras detectar que a especie se enfronta a numerosas ameazas que lle levaron a perder un 70 % da súa poboación no últimos dez anos nalgunhas áreas. Os alumnos de Ribeira aprenden o que é un ecosistema dunar e conciencíanse sobre a necesidade de protexer a unha especie en perigo.

 

Probando as laranxas

O director do CEIP Salustiano Rei Eiras de Pobra do Caramiñal convidounos a probar as estupendas laranxas dun dos moitos froiteiros plantados con Voz Natura ao longo dos anos. Os escolares aproveitaron tamén para plantar no invernadoiro!

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

De outono a inverno: reciclando en Vagalume

A Escola Infantil Vagalume de Vilagarcía de Arousa realiza talleres de reciclaxe de distintos materiais plásticos para darlles unha nova vida como adornos otoñales e do Nadal. A primeira R da nosa regra é Rexeitar, sempre que se poida, pero unha vez xerado o residuo, tentemos darlle un novo uso!

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Non máis plástico!

Os alumnos do CEIP de Seixalbo en Ourense teñen algo que contarnos. Tomade nota!

 
Patios máis verdes
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Patios máis verdes

Desde o CEIP Anexo A Lomba de Vilagarcía de Arousa saben como humanizar o seu patio. Unha tendencia moi destacable en gran parte dos centros participantes en Voz Natura, conseguir espazos máis verdes. Unha auténtica marabilla!

 
Microplásticos no mar
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Microplásticos no mar

Os escolares do CEIP Rosalía de Castro de Padrón recolleron mostras de distintas praias do litoral galego co fin de analizalas, atopar a presenza de plásticos de gran tamaño, microplásticos e calquera outro residuo contaminante. Unha actividade de observación e experimentación fabulosa que vos recomendamos practicar.

 
Plantando pola igualdade
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Plantando pola igualdade

No Día Internacional contra a Violencia de Xénero os alumnos da Escola Infantil Meniños plantan simbólicamente para erradicar esta secuela, demostrando así que as educación ambiental é transversal.

 
Un proxecto multidisciplinar
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Un proxecto multidisciplinar

Un horto escolar, un hotel de insectos e caixas niño feitas coa colaboración das familias e unha campaña para a redución do plástico. Estas son algunhas das iniciativas do CEIP de Marcón, en Pontevedra, para converter ó centro nun referente ambiental para a comunidade educativa.

 
Novos participantes en Voz Natura
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Novos participantes en Voz Natura

No CEIP A Doblada de Vigo son expertos en aproveitar espazos e materiais. Caixas, caixóns e botellas de plástico son o seu particular horto escolar no que, desde os pequenos aos maiores do centro, pasan a aprender e gozar.

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Un herbario especial

As paredes do CEIP A Reigosa están decoradas con este estupendo herbario para que os alumnos aprendan a recoñecer os diferentes tipos de árbores, as súas follas e froitos.

 
Espazo Natura
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Espazo Natura

No Colexio Montesol de Vigo non só crearon un espazo para o seu viveiro de árbores, senón que tamén reutilizan botellas como recipientes para o sementeiro, decoran o centro e aprenden sobre o outono e ensinan ás familias o seu esforzo por reciclar. Até nas xanelas colocan elementos para concienciar!

 
Planificando actividades
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Planificando actividades

Os mestres e mestras son os catalizadores dos proxectos Voz Natura, os responsables de que o proxecto salga adiante. No CEIP de Chancelas, en Pontevedra, utilizan este taboleiro para que todo o mundo teña oportunidade de achegar ideas, planificar actividades e compartir información. Este ano están a preparar un calendario ambiental, unha idea estupenda!

 
Aprendendo a separar e reciclar
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Aprendendo a separar e reciclar

Na Escola Infantil Monte do Alba de Vigo aprenden a separar os residuos y reciclar.

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Concienciando e sensibilizando

Chegan os carteis Voz Natura aos centros e con eles toda a comunidade educativa, incluídas as familias, poden informarse dos proxectos ambientais dos colexios, neste caso do CEP Santa Mariña en Redondela.

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Chega o inverno ás hortas

Chega o inverno á horta do CEIP de Laredo, e con el a plantación de verzas, repolos, acelgas e toda a verdura que os escolares de Chapela poderán degustar. Cando as plantas ti sabe mellor!

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Acantilados de Vixía da Herbeira

Os acantilados de Vixía de Herbeira son os acantilados con maior cota sobre o nivel de mar da Europa continental, con 613 metros de altura. Un tesouro natural situado entre Cariño e Cedeira.

 
Reciclando con imaxinación
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Reciclando con imaxinación

No CEIP A Laxe - Valón, en Ferrol, sí que saben reciclar con moito arte!

 
#senplastiFICAR
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

#senplastiFICAR

Este é o nome que escolleron no CPR Jorge Juan de Xuvia para comezar un proxecto destinado a reducir e tentar eliminar o uso dos plásticos no centro. Os seus obradoiros de reciclaxe de materiais plásticos conseguiron crear verdadeiras obras de artesanía, e tamén elementos decorativos con participantes desde as idades máis pequenas. Manterémosvos informados das súas ideas, son todo un exemplo de creatividade!

 
Un invernadoiro e algo máis
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Un invernadoiro e algo máis

O CEIP Ramón Otero Pedrayo de Laracha estrea non só un gran invernadoiro no que os escolares poderán cultivar, senón tamén espazo no que crear sementeiros e aprender, unha aula de natureza fantástica!

 
Unhas cabazas terroríficas
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Unhas cabazas terroríficas

A exposición de cabazas do CEIP de Palmeira é todo un espectáculo!

 
Chega o Samaín
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Chega o Samaín

Os alumnos do CPR Cervantes de Lugo celebraron un Samaín moi especial. En palabras de Gonzalo Castro, director do centro: "Facemos unha actividade de manualidades de material reciclado coas persoas das residencias da terceira idade. Fixeron uns broches con forma de cabaza e de morcego para as persoas maiores. Para nós son moi importantes as actividades de educación ínterxeneracional"

 
Exposición de cogumelos
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Exposición de cogumelos

A semana do 28 de outubro ao 1 de novembro, os membros do comité científico de Voz Natura José Antonio Díaz, Antonio Prunell e Elvira Sahuquillo, organizaron unhas xornadas micolóxicas que culminaron nunha exposición con máis de cento cincuenta especies na Facultade de Ciencias da UDC.

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

A praia de Lapamán

A natureza tamén hai que gozala observando a súa beleza, así aprenderemos a querela e a respectala.

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Caixas sensoriais

No EEI de Gondomar crearon estas caixas sensoriais para que os seus alumnos poidan gozar e aprender da chegada do Outono.

 
Unha charca chea de vida
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Unha charca chea de vida

No CPR Eduardo Pondal de Cangas teñen unha charca chea de vida: ras, tritones, carpas e até unha garza parouse por este marabilloso espazo.

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Bos prácticas, boas costumes

No IES A Sangriña da Guarda manteñen limpo o centro con colectores para a separación de residuos e a reciclaxe. É importante que os escolares vexan estas papeleiras preto e afáganse a usalas todos os días, xerando así un costume que lle acompañará toda a vida. Pequenos xestos que marcan a diferenza!

 
Galiñas na Guarda
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Galiñas na Guarda

Na Asociación Avelaíña da Guarda atrevéronse coa cría de galiñas e vailles fenomenal. Este ano ademais, colaborarán cos centros escolares da zona en distintas actividades ambientais.

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

O río Tomeza

A Asociación Vaipolorío leva anos traballando pola conservación do río Tomeza. Ao final do vídeo poderedes ver os resultados do seu esforzo. Vida no río!

 
Creando novos espazos
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Creando novos espazos

Así de ben quedou a horta do EEI Areal de Sabarís, en Baiona. Este ano ademais contan cun invernadoiro novo que complementa a este fantástico espazo. As familias participan activamente nas actividades ambientais do centro.

 
Hotel de insectos
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Hotel de insectos

Asi loce o hotel de insectos do CEIP da Cruz-Budiño. Unha iniciativa á que cada vez máis participantes anímanse para fomentar a biodiversidade da súa zona.

 
Patos no CEIP Albino Núñez!
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Patos no CEIP Albino Núñez!

Os alumnos do CEIP Albino Núñez teñen novos compañeiros que habitarán parte do pequeno bosque que rodea ao centro. Coñecer, respectar e coidar aos animais é parte da educación ambiental e para a vida que debemos transmitir ás futuras xeracións. Os pequenos están entusiasmados cos patos!

 
Un invernadoiro de flores
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Un invernadoiro de flores

No CEIP de San Cosme de Barreiros van encher de flores o seu invernadoiro feito con botellas de plástico recicladas. Unha idea fantástica!

 
Galdo polo medioambiente
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Galdo polo medioambiente

A sensibilidade ambiental da comunidade escolar do CEIP Santa Rita de Galdo, en Viveiro, levou ao centro a impulsar unha campaña para a redución do plástico. En palabras da súa coordinadora: "non queremos ser meros espectadores da situación de emerxencia climática que estamos a vivir." É hora de actuar!

 
Identificando diferentes tipos de plásticos
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Identificando diferentes tipos de plásticos

No IES Val do Asma de Chantada están a levar a cabo un inventario de diferentes tipos de plásticos para coñecer as súas características. Un reto durante o curso será manter o centro limpo así como a ribeira do río Asma.

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

As consecuencias dun incendio forestal

Este é o terrible impacto do incendio forestal de Monforte de Lemos de principios de setembro. Unha imaxe desoladora contra a que debemos loitar para que non se volva a repetir.

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Buscando alternativas ó plástico

Pregunta: como crear un pegamento consistente sen elementos plásticos? Miguel Leiva, do Seminario Diocesano de Lugo, dános a resposta. Vos soprenderá!

 
A charca do Arenteiro
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

A charca do Arenteiro

Unha charca é unha pequena biocenosis na que estudar e coñecer o noso medio natural. No Colexio Vila do Arenteiro tomaron boa nota diso coidando este espazo e aproveitándoo como recurso didáctico para os seus alumnos.

 
Recreos Residuos Cero
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Recreos Residuos Cero

No CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, en Ourense, crearon este reto para que os seus alumnos tomen conciencia sobre o impacto dos residuos xerados na escola. A intención é reducir ou mesmo eliminar o uso de bricks, palliñas, envases de plástico e aluminio e bollería industrial. 

 
Traballando no invernadoiro
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Traballando no invernadoiro

O invernadoiro do CEIP de San Clodio a pleno funcionamento!

 
Reciclaxe creativo
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Reciclaxe creativo

No CEIP Amaro Refojo de Verín aproveitaron estes colectores para cultivar as súas fresas. Así mesmo, a CEE Miño de Ourense tamén agudiza o enxeño para darlle unha nova vida a esta cadeira do colexio. Todo un exemplo de reciclaxe creativa.

 
Un biorexio moi especial
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Un biorexio moi especial

Os alumnos do IES N°1 do Carballiño crearon este biorefuxio con adaptacións específicas para morcegos, feito con materiais naturais como son a madeira e a cortiza. O coordinador do proxecto e a directora do centro foron os encargados de doar a Voz Natura este elemento tan orixinal .

 
Coidando o río Lor
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Coidando o río Lor

Visitamos o río Lor ao seu paso por Seoane do Courel. Un tramo que os alumnos do CPI Poeta Uxío Novoneyra coidan e limpan todos os anos. Fan un grandísimo traballo, o río está nun gran estado de conservación.

 
Recunchos Voz Natura
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Recunchos Voz Natura

Os centros xa preparan os seus recunchos para seguir o proxecto, informar as familias e facer participes a todos os actores da comunidade escolar das súas actividades ambientais. O CEIP Monte Baliño, en Ferreira de Pantón, é un bo exemplo diso.

 
Recollendo a colleita
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Recollendo a colleita

Comeza o curso e con el unha actividade moi satisfactoria para os alumnos do Colexio Padres Escolapios de Monforte de Lemos. Aquí vémoslles recollendo os tomates do seu invernadoiro, algúns dun tamaño espectacular.

 
O Comité Científico en ruta!
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

O Comité Científico en ruta!

Hoxe comezan as visitas do Comité Científico polos 375 centros participantes. Lugo será a primeira provincia en recibirnos. Bo comezo de curso a todos!