CAST
|
GAL

Decimoctava edición (2014-2015)

 
Puxemos a semente hai 18 anos e foi crecendo edición a edición ata converterse no gran acontecemento festivo do medio ambiente. Voz Natura, dedicado este curso aos hortos ecolóxicos, celebrou a súa maioría de idade co mesmo entusiasmo que comezou e máis enerxía enerxía aínda. A que lle poñen sempre os máis pequenos, as súas familias e os seus profesores.
 
Un ano máis, o parque de Acea de Ama, en Culleredo, acolleu a centos de familias dispostas a gozar da gran festa de fin de curso como corresponde. Cargados coas súas mochilas e equipados para aproveitar a contorna natural e todas as atraccións.
 
Inchables, tiovivos, rocódromos, campos de fútbol, os talleres de prensa, radio e televisión, e ata a posibilidade de darse unha volta a cabalo fixeron as delicias dos nenos que durante todo o ano planean esta gran excursión. Ata as 19.30 da tarde estiveron abertas as instalacións para converter a nun día inesquecible.
 
Así foi para os alumnos e profesores premiados, como o IES da Illa de Arousa, que recibiu o premio Galicia, dotado con 5.000 euros, da man do presidente e editor da Voz de Galicia, Santiago Rey Fernández-Latorre, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, polo seu traballo titulado «Sementado o futuro». 
 
Ademais do acto de entrega dos premios Voz Natura e de Prensa-Escuela que tivo lugar durante a mañá, presentado por Pablo Portabales e Loreto Silvoso, os nenos gozaron coa rifa de varias tablets e coas actuacións de Os Bolechas e do Xabarín co seu Xababanda para que ninguén perdese o ritmo de tanta diversión. 
 
Álbumes de fotos




 

DESCARGAS

ACTIVIDADES
PLANO DO PARQUE. RECOMENDACIÓNS