CAST | GAL

Décimo novena edición (2015-2016)

 
¡Gran despedida do curso 15-16! O sol acompañou e o público tamén. Miles de persoas reuníronse o sábado 4 de xuño en Culleredo para celebrar o final da 19.ª edición de Voz Natura. Os grupos escolares e as familias non se perderon unha xornada na que non houbo descanso. Desde as 11.00 ata as 19.30 horas, o parque de Acea de Ama foi un fervedoiro de xente con moitas ganas de festa.

A mañá comezou coa pista de inchables rebosante de actividade. O arranque de todos os talleres coincidiu coa chegada ao parque de miles de nenos e os seus profesores en autobuses escolares. Segundo avanzaba a xornada, moitos miles máis foron chegando nos seus vehículos particulares para participar na gran festa do medio ambiente de Galicia.

O programa lúdico incluíu decenas de propostas entre as que destacou unha yincana de actividades polo parque que abriu as conmemoración do visésimo aniversario do programa e un concerto de Furious Monkey House. Tampouco faltaron Os Bolechas.



A festa foi o marco perfecto para entregar os premios Voz Natura aos centros que destacaron este curso. Os alumnos do colexio Divina Pastora - Franciscanas de Ourense foron os gañadores do gran premio Galicia, dotado con 5.000 euros, e recollérono de mans do presidente e editor de La Voz de Galicia, Santiago Rey Fernández-Latorre, e do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.


O programa Prensa-Escuela organizou diversos talleres de comunicación e entregou os premios dos certames do curso.


 

DESCARGAS

CARTEL DA FESTA
MAPA DA XINCANA
PROGRAMA DE ACTIVIDADES