CAST | GAL

Primeira edición (1997-1998)

 
«Coida o teu mundo, limpa o teu contorno». Baixo este lema se puxo en marcha o programa no ano 1997. A iniciativa supuña unha aposta decidida de La Voz de Galicia polo coidado do medio ambiente involucrando tanto aos seus lectores como aos centros educativos de toda Galicia. Aos lectores, porque de cada exemplar comprado se destinaría unha peseta a este importante labor social. Aos centros, porque nacía entón un programa de educación ambiental sen precedentes na comunidade e que chegaría a consolidarse como unha referencia en España.
No mes de marzo de 1997, colexios e institutos comezaron a recibir as bases e o formulario e inscrición no —por entón— novo e descoñecido programa. A convocatoria tivo unha resposta excelente: 109 centros cunha participación total de 10.000 alumnos estrearon Voz Natura con proxectos de coidado e defensa do contorno moi rigorosos e variados.
 
Neste primeiro curso contouse coa colaboración das consellerías de Medio Ambiente e Industria da Xunta de Galicia e a empresa pública SOGAMA. En colaboración con Caixavigo e o Concello da Coruña organizouse a exposición interactiva Contorno e Futuro, na Casa das Ciencias, que foi visitada por 200.000 persoas. Foi, sen dúbida, o punto de partida e presentación en sociedade do programa.
 

DESCARGAS

MEMORIA - PREMIO GALICIA 1997 - 1998
GAÑADORES
CENTROS E PROXECTOS
CARTEL
LOGO