CAST | GAL

Oitava edición (2004-2005)

 
De todos os recunchos de Galicia, chegaron no 2004 as 180 propostas de proxectos para participar na oitava edición de Voz Natura. Seguindo os seus rigorosos criterios de puntuación, que asegurarían a calidade dos traballos, o Comité Científico seleccionou 166, con 25.500 alumnos participantes.No mes de setembro comezaron a executarse os proxectos nos que o desenvolvemento sostible se converteu no tema máis destacado e ao que a organización do programa quixo conceder un protagonismo especial. Por primeira vez, nove proxectos se centraron especificamente nesta cuestión, abarcando actividades como Axendas 21 escolares nas que os estudantes se converteron en ecovixilantes do seu propio centro ou, mesmo, do seu barrio.
Este curso colaboraron en Voz Natura a consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, Caixa Galicia, Ence, El Corte Inglés e Axenda 21-Eixo Atlántico.
 

DESCARGAS

MEMORIA - PREMIO GALICIA 2004 - 2005
PREMIADOS
CENTROS E PROXECTOS
BASES
CARTEL DA EDICIÓN
CARTEL DA FESTA