CAST | GAL

Décimo oitava edición (2014-2015)

Visitas especiais ao Muncyt

 
Grazas a un acordo alcanzado entre a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, os equipos Voz Natura poden solicitar estas visitas que incluirán talleres especiais adaptados a todos os niveis educativos. Nada máis chegar ao Museo, os escolares dividiranse en dous grupos. Un deles realizará a visita guiada ás instalacións e o outro participará no taller, para despois intercambiarse.

As visitas serán de martes a venres en varios horarios (10.00, 11.00, 12.00, 13.00, 14.30 ou 15.30 horas). Están deseñadas para grupos de ata cincuenta persoas e terán unha duración aproximada dunha hora e media. 

 As actividades dos talleres virarán en torno aos hortos ecolóxicos, tema ao que está adicada a presente edición do curso Voz Natura. Así, os grupos de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria aprenderán sobre o ciclo biolóxico das plantas, poderán experimentar coa plantación de sementes e levar un “amigo” que deben coidar.
Os de segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria traballarán na construción dun mini-invernadoiro portátil utilizando material reciclado, no que plantarán varios tipos de sementes. O obxectivo é que comprendan o funcionamento dun invernadoiro e as súas aplicacións prácticas na agricultura.
Os alumnos da ESO e Bacharelato observarán como as características químicas do chan afectan aos cultivos. Traballarán analizando de forma sinxela o pH, a textura e estrutura de distintos tipos de terras e como se poden modificar para obter un mellor rendemento.
 
Solicitudes
Para realizar as solicitudes os centros deben descargar un formulario na web del Muncyt (accede desde aquí), encher os campos indicados marcando a casilla «Programa Voz Natura» e envialo a reservascor@muncyt.es ou ao fax 916 038 968. O teléfono para información é o 900 100 134. O Muncyt dispón dunha zona para comidas de grupos que tamén se pode reservar.