CAST | GAL

Décimo oitava edición (2014-2015)

¡Participa no III Concurso de Vídeos Voz Natura!

 
Voz Natura invita a todos os que o desexen —sexan ou non participantes no programa educativo— a presentar vídeos nos que deben mostrar as actuacións de protección ambiental que desenvolveron ao longo do período do curso escolar 2014-2015. O certame está aberto a todo tipo de propostas: poderán ser montaxes resumen de todas as actividades realizadas durante estes meses ou dunha acción puntual, con imaxes en movemento ou presentacións de fotografías. Poden participar persoas de todas as idades, pero cando o autor do vídeo sexa menor de 14 anos debe remitir necesariamente á organización ESTA AUTORIZACIÓN asinada polos seus pais ou titores legais.

 
Prazos
A participación articúlase a través da páxina en Facebook do programa onde se poden consultar as bases do concurso e presentar os vídeos desde o 4 de maio ata o 22. A partir dese momento, abrirase un prazo de votacións públicas (ata o 3 de xuño) do que sairán os cinco finalistas. 
 
Un xurado especializado será o encargado de seleccionar ao vídeo gañador en función da súa orixinalidade, participación e dos beneficios ambientais que supoña a acción desenvolvida.A decisión coñecerase o 5 de xuño, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente. O seu autor levará como premio unha tablet e un diploma acreditativo. 
 
Consulta aquí as BASES DE CONCURSO