CAST | GAL

Décimo oitava edición (2014-2015)

As asociacións de Galicia súmanse ao proxecto

 
Non só son os centros escolares os que participan activamente desde que naceu Voz Natura. Edición tras edición viñéronse sumando cada ano máis asociacións de todo tipo, tanto ambientais como de educación especial ou de corte ecoloxista.

 
Entre as agrupacións participantes destaca a dos Veciños Val de Esmelle de Ferrol, un colectivo que ten na súa Horta de sempre a base de traballo ambiental. Coidan unha horta ecolóxica no chamado Xardín de Pepa (que foi devolto á vida con especies autóctonas) e na recuperación de usos e costumes de outrora... Todo un conxunto de boas medidas para revalorizar o campo galego e a súa historia. Ademais, continúan coa súa tarefa de limpeza e conservación de varios muíños na contorna.
 
A agricultura ecolóxica está representada pola Asociación Amicos da localidade coruñesa de Ribeira, coa creación dunha unidade de formación ocupacional e rehabilitación para discapacitados, na que se avalía e prevén o dano causado á natureza e ponse en funcionamento un invernadoiro ecolóxico como centro de formación. Nunha liña semellante, Amigos da Terra de Ourense leva xa xestionando dous anos unha Horta comunitaria no barrio do Polvorín, así como ofrecendo cursos de agricultura ecolóxica.
 
A asociación Vaipolorío de Salcedo teñen no proxecto O Viveiro hoxe, ás árbores de mañán o eixo central do seu labor ambiental, traballo co que recibiron incluso un premio do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Recuperación do bosque de ribeira e creación dun viveiro de especies propias.
 
Esforzo semellante realiza a agrupación Sustinea de Ourense coas súas Xardíns micolóxicos escolares, nunha tarefa de levar aos mozos do Centro de Menores de Montecelo o mundo da micoloxía.