Voz Natura e Prensa-Escuela despiden o curso cunha festa
Chega o fin de curso, tamén para os programas educativos Prensa-Escuela e Voz Natura, e La Voz de Galicia prepara en Santiago unha gran festa para pór o broche a este ciclo 2023-2024, no que participaron máis de 110.000 alumnos e de 4.700 docentes. O evento celebrarase o 14 de xuño de 12.00 a 19.00 horas e estará aberto a todo o público, non só aos participantes nos programas educativos de La Voz e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.
Os escolares poderán acudir acompañados polos seus familiares ou en grupo polos seus profesores, e gozarán das actividades lúdicas e educativas dentro do citado horario. Aínda que o Multiusos Fontes do Sar é facilmente accesible a pé desde o centro de Santiago, quen procedan de fóra da capital ou prefira asistir en coche poderá estacionar na contorna do pavillón e, se se completa a capacidade deste, nas amplas áreas de aparcadoiro da Cidade da Cultura. Así mesmo, desde as 15.00 ata as 20.00 horas funcionará un servizo gratuíto de autobuses lanzadeira entre a Praza de Galicia e o Multiusos Fontes do Sar.
A xornada lúdica de portas abertas para todos os escolares comezará xusto depois da entrega de premios, que será ás once da mañá. Está garantida a diversión cos grandes inchables e os xogos instalados na pista central de Multiusos e os talleres de prensa, radio, humor gráfico e redes sociais, dos que se encargarán profesionais de La Voz. Tamén haberá un obradoiro de Viaqua sobre o ciclo da auga. Todas as actividades son gratuítas e de acceso libre ata completar o moi ampla capacidade do Multiusos Fontes do Sar, que colabora nesta iniciativa xunto ao Concello de Santiago.