Alumnos de Gondomar investigan a súa fauna e a súa flora
As vacacións de Semana Santa quedaron tan atrás que xa ninguén se acorda delas, enfrascados alumnos e profesores no día a día. As das xornadas pasadas foron unhas clases sen moito agobio para que todo o mundo collese ritmo, e a darlle duro neste último trimestre a partir de hoxe. Voz Natura tamén acelera, como non podía ser doutra maneira.
Con outras palabras, increméntanse as actividades que desenvolven máis de tres centenares e medio de centros e entidades dentro do programa iniciativa de La Voz de Galicia e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e que conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, O Corte Inglés, a Fundación Ramón Areces e Inditex.
Nesas está Susana González, a coordinadora de Voz Natura no CEP Xosé Neira Vilas, que abre as súas portas en Peitieiros, municipio pontevedrés de Gondomar. Aí leva a cabo un proxecto multidisciplinar, atendendo hortos e xardíns, con reciclaxe, separación de residuos e compost. E como aínda queda tempo libre —o cal constitúe un auténtico misterio que roza o milagre—, aínda lle sobran forzas para organizar coa súa tropa xuvenil roteiros de sendeirismo e reforestación, facer limpeza da contorna e levar adiante unha ecoauditoría.
As actividades máis recentes foron celebrar o día mundial da auga, o 23 de marzo, cando os de 4º e 5º —máis de catro decenas— fixeron unha saída ata o río Peitieiros co fin de medir a cantidade e calidade da auga. «Tamén aproveitamos para coñecer a fauna e flora que alberga a contorna, ademais de construír cabanas no tempo de lecer —agrega Susana González—, e contamos coa compañía e sabedoría de Marcelo, de Ponte a Zero, da Deputación de Pontevedra».
Os trinta e un de 6º non ían quedar atrás, «e decidiron ir aos muíños do río Touteiras», en palabras da profesora. O proxecto de centro deste curso está relacionado con artes e oficios, e os alumnos «foron a coñecer onde se desenvolvía o oficio dos molineros e como o río subministraba a auga».
E para redondear a circunferencia, os de 3º animáronse a facer unha convivencia na área recreativa de Peitieros, onde desenvolveron actividades relacionadas coa observación da flora e a fauna nos mananciais e charcas da zona.