CAST | GAL

Vixésimo sétima edición (2023-2024)

O Nadal, a gran oportunidade para o consumo sostible

 
Hai que insistir e insistir. Unha e outra vez. Non só nos medios de comunicación, senón nos centros educativos e sociais: o Nadal son tempo de malgaste, pero en absoluto deben ser así. Ao contrario, deberían ser días familiares, de alegría e de agasallos, pero sen tirar a casa pola xanela nin comprar obxectos inútiles. 

E así, os centros que participan este curso en Voz Natura están a facer precisamente iso: insistir no consumo sostible, en promover os valores de solidariedade, en mover ás familias para facer unha piña de humanidade e xenerosidade.

Pero non só os centros educativos: hai Anpas que se implican a fondo. Por exemplo, a do CEIP Bermúdez Couso, de A Pobra de Trives, chamada O Recreo. Gabriel Dasilva, o seu portavoz («Pero non hai que personalizar en min para nada, isto é un proxecto colectivo», aclara rotundo), recalca que «participamos nun proxecto, xunto co CEIP, alrrededor do valor importantísimo que ten a auga». Este ben cada vez máis escaso non hai que desperdicialo, algo que tentan concienciar desde o Anpa, un grupo de pais que insiste en que é un proxecto do colexio co cal eles colaboran.

Diso tamén sabe moito Dorotea Paz, da asociación Antonio Gandoy, de Lugo, e orientadora dos Espazos Familiares. Muller de gran vitalidade («Esta tarde teño dezaseis familias e imos traballar co  millo»), hai uns días estiveron a converter o millo en adornos de Nadal, e fan o mesmo coas laranxas: «Despois de facer o zume, coa monda preparamos agasallos e adornos para este Nadal». Esta asociación participa en Naturacción, un programa de Voz Natura patrocinado pola Fundación Alcoa co respaldo de Alcoa San Ciprián e a colaboración da Consellería de Educación.

Non son os únicos, está claro, e, por citar outro exemplo, o CEIP de Sigüeiro, no concello coruñés de Oroso, vende os produtos do seu horto e o recadado vai a Asanog, unha asociación centrada na oncoloxía infantil e coa cal o Concello tamén leva colaborando varios anos.

E comezan as vacacións de Nadal. Paz, felicidade e moderación no consumo son as tres recomendacións que fai Voz Natura, iniciativa de La Voz de Galicia e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre que conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, O Corte Inglés, a Fundación Ramón Areces e Inditex.