Os centros integrados en Voz Natura limpan montes e ríos
Todo o que se leva ao monte hai que traelo de volta. Esta é unha máxima dos máis de tres centenares e medio de centros que participan este curso no programa Voz Natura, unha iniciativa de La Voz de Galicia e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, e que conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, El Corte Inglés e a Fundación Ramón Areces.
A concienciación dos alumnos nestes anos resulta algo innegable, e iso é mérito dos seus profesores. E neste mes de abril o ecorreto de Voz Natura é #RetoConcienciamos. Está claro que concienciar é algo que hai que facer día a día, pero dedicarlle un mes concreto permite reforzar ese ensino que nunca se debe esquecer.
O que se leva ao monte tráese, pero ¿que atopan os alumnos cando o percorren? ¿Ou ao longo dunha ribeira dun río? Susana González, do CEP Xosé Neira Vilas, de Gondomar, é a gran animadora da limpeza trimestral que se leva a cabo na contorna do seu centro. «Algunha vez sacamos ata 36 quilos de lixo e refugallos, e nesta última foron 20, que xa lle chega», di. Colocaron carteis na zona precisamente para iso, para concienciar.
Xosé Manuel Feijoo, da Asociación Vaipolorío, aclara que non é momento este de meterse no medio das correntes («Iso deixámolo para o verán, cando levan pouca auga»), pero recentemente aproveitaron para dar unha limpeza ás marxes do Tomeza, nos arredores de Pontevedra. Contaron cos alumnos do CEIP Marcón.
Esa asociación, moi activa, tamén botou man da escola de capataces de Lourizán e de alumnos galegos, de Letonia e de Macedonia que participaban nun Erasmus Plus. «Plantamos duascentas árbores de especies autóctonas, ameneiros, salgueiros, bidueiros…», di, satisfeito.
As máscaras son un perigo para o medio ambiente en xeral e para os animais en particular. Susana González asegura que atoparon moitas «e por riba no aparcadoiro a carón do colexio». Con elas, cabichas —segue existindo o malo costume de tiralas ao chan— e pequenos plásticos. En ocasións recuperaron pezas de ferro dun considerable peso.
As cantidades deberon de ser serias, porque agora a profesora de Gondomar está embarcada nun «proxecto de arte lixo»: unha estrutura de arame no centro onde van parar os residuos. O cal é un xeito excelente de concienciar polo menos aos aproximadamente 180 alumnos do colexio.
Diso sabe tamén Margarita Fontán, que cos seus 36 alumnos de 5º do CEIP A Xunqueira número 1 de Pontevedra percorreron a Ruta da Pedra e da Auga recollendo moitas máscaras e excrementos de can. Ante a sorpresa ante isto último, aclara:«Algúns donos dos cans recollen nunhas bolsillas os excrementos e logo tiran todo por aí». Sin comentarios.