O profesor que leva vinte anos dando impulso a Voz Natura
Voz Natura é unha iniciativa de La Voz de Galicia e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre que naceu por e para os centros educativos, así como para as entidades de lecer e protección e difusión ambiental. Eles son o corazón e a alma deste proxecto que conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, O Corte Inglés, a Fundación Ramón Areces e Inditex. Miles e miles de alumnos participaron nestes 26 anos de vida, e fixérono grazas ao entusiasmo, a dedicación e o empeño de centos de profesores.
Algúns destes son recentemente chegados. Benvidos e que sexa o comezo dunha amizade longa. Outros, pola contra, atesouran unha experiencia intensa e longa, moi longa, como no caso de José Manuel Bouzo («Eu son da Limia», reivindica, e en concreto de Xunqueira de Ambía).
O profesor Bouzo leva nada menos que vinte anos participando en Voz Natura, e ten o mérito non único pero si escaso de que por cada colexio que vai traslada na súa mochila esta iniciativa pensada para a acción directa na natureza. O home bota agora a vista atrás e lembra que os seus primeiros pasos fíxoos «en 1976 na antiga Universidade Laboral de Ourense coa iniciativa Lexión Verde».
No curso 2003-2004 puxo un pé dentro dese espazo de traballo e ilusión que é Voz Natura, un namoramento que paseou polo IES Xermán Ancochea Quevedo (Trives), IES San Mamede (Maceda), IES número 1 do Carballiño e, na actualidade, polo CPI Plurilingüe José García García (Mende-Ourense). Que fai agora? «Continúo cos proxectos de fomento da biodiversidade, biorrefuxios, nidais, hoteis de insectos, plantación de árbores de froito e campaña de protección da auga e dos esgotos». Un traballo enorme e constante do que fala coma se fose pouco.
Algo que chama a atención é a diversidade de accións que promoveu o profesor Bouzo Limia. Por empregar unha expresión coloquial, relacionalas resulta case interminable. Resumindo, «en Trives fixemos censo de árbores senlleiras, censo de soutos de castiñeiros centenarios, estudo da pastoricie na serra… En Maceda, estudo do uso da leña como enerxía e procura de alternativas enerxéticas ante a carestía do petróleo… No Carballiño, estudo de aditivos na alimentación, campaña de protección das augas, baños de bosque…».
José Manuel Bouzo está contento por moitas desas accións, e lembra unha en Trives: «Fixemos un estudo sobre a castaña e produtos derivados, e naqueles momentos só comercializábase en fresco e se facía marrón glacé, e nós anticipamos ou que veu despois: fariña, marmeladas, castaña cocida envasada ao baleiro, crema, pilongas… Anticipámonos a iniciativas e cooperativas posteriores e en certo modo serviron de sinerxia e acicate».