368 centros educativos de Voz Natura promocionan o consumo responsable
Incentivar o consumo responsable é o obxectivo principal, aínda que non o único, de Voz Natura neste curso. Sábeno os 368 centros educativos que participan nese programa, e seleccionar algúns é moi difícil.
Inés Castro, do CEIP Santa Rita de Viveiro, tómallo con perenne optimismo. Lóxico, porque a cantidade de actividades que levan a cabo é literalmente asombrosa. Traballan, e moito, concienciando sobre consumo responsable, e xa non é que en Samaín convidasen ás familias a que non comprasen disfraces e que utilizasen roupa vella («Iso saíunos bastante ben»), nin sequera que en entroido lanzasen outra iniciativa similar, senón que aproveitan ata o máis pequeno envoltorio de cartón que chega ao centro.
(Facendo unha paréntese, este CEIP está integrado en Naturacción, programa de Voz Natura patrocinado pola Fundación Alcoa co respaldo de Alcoa San Ciprián e a colaboración da Consellería de Educación).
Inés Castro ten unha gran virtude: coñece o terreo que pisa e non se deixa levar por falsos triunfos. «Dende o covid vimos que hai un recuar na alimentación dos alumnos, tanto porque traen para a merenda menos comida saudable como porque veñen con multitude de minibolsiñas de plástico», sinala. E aí meteuse a fondo, e mesmo elaborou un vídeo cos desperdicios que se xeraban con ese tipo de alimentos. «E fun suave porque só collín un colector dos do colexio», aclara riseira a profesora, que aproveita para insistir en que non hai que levar nada envolvido en papel filme nin en aluminio. «Senón en táper: temos que reducir os plásticos!», di.
No CEIP Santa Rita non paran e o centro quédaselles pequeno, polo cal se meteron a limpar as beiras do río Landro e teñen a praia de Area no punto de mira. «Logo hai que buscar solucións, e queremos que as propostas partan dos mesmos alumnos», finaliza Castro.
Pola súa banda, o CEIP Torre-Cela de Bueu traballa en como aproveitar os residuos orgánicos. Para que? «Para facer compost», contesta a súa profesora Chelo Augusto, que presume de que o seu invernadoiro está feito con botellas de plástico recicladas, e que ten na cabeza organizar «unha semana de recollida selectiva de plásticos».
Non son os únicos, claro. Moitos deron vida tamén a ecopatrullas escolares ou ben a axentes ambientais co obxectivo de fomentar ese consumo responsable (o seu día mundial celebrarase este mércores 15 de marzo), e vixiar, limpar e protexer patios, xardíns e aulas.