Naturacción vive o seu décimo aniversario na Mariña lucense
Patrocinado pola Fundación Alcoa co respaldo de Alcoa San Ciprián e a colaboración da Consellería de Educación, o obxectivo de Naturacción é atender as especificidades ambientais dunha zona concreta: a rica Mariña lucense e a súa contorna. Botando a vista atrás, naceu no 2013, así que o programa vive a súa décima edición, na cal participan 49 centros educativos, 440 educadores e case dez milleiros de nenos e adolescentes, quen leva a cabo todo tipo de traballos de concienciación e acción ambiental.
A profesora María López, por exemplo, está á fronte do proxecto do CEIP de Cervo, denominado «Para, reflexiona, consome», multidisciplinar, con hortos e xardíns, reciclaxe e separación de residuos, roteiros, limpeza de río, montes e praia, ecopatrullas… Desde logo, ninguén pode negar que é un centro cunha actividade desbordante. E teñen pendente unha plantación que vai facer co instituto local. Respecto diso, María López di que «estamos á espera da comunicación do concello», e que a actividade se desenvolverá o mes que vén con motivo do Día da Árbore.
Outra profesora, Ana Muíña, do CEIP Fondo Nois de Foz, lembra que están a tramitar con Costas unha reforestación («Teñen que dar eles ou visto e prace»), e xa empeza a pensar na limpeza da praia, que sempre levan a cabo en maio. E todo iso sen descoidar o viveiro de árbores (un aula sementeiro) e o seu proxecto global e multidisciplinar «Sendeiros cara ao futuro».
Máis centros que non paran: o IES San Rosendo de Mondoñedo, onde, baixo o epígrafe «Bioaproveitamento para autoconsumo» e a coordinación dese home de gran constancia que é Miguel Freire atrévense con todo: desde observación e protección de paxaros a cultivar cogomelos. Agora mesmo están trasplantando kiwis da súa leira á beira do Camiño de Santiago, o do Norte. E sexa dito de paso, ademais andan cun curioso proxecto: fixeron a valoración de danos no cemiterio antigo de Mondoñedo, con levantamento en GPS, para elaborar un documento de proposta de como protexelo. Súmese que nun futuro non afastado van elaborar un itinerario interpretativo pola súa leira adiante e organizar unha xornada de portas abertas para mostrar eses logros.
Tamén destacan as actividades ambientais do IES María Sarmiento de Viveiro, grandes valedores da catalogación das árbores do parque da veciña praia de Covas e da reutilización de palés con motivos de Sargadelos.
Todo isto son só algúns exemplos de acción e compromiso ambiental dos 49 centros que participan en Naturacción, programa de Voz Natura, unha iniciativa de La Voz de Galicia e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, e que conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, O Corte Inglés, a Fundación Ramón Areces e Inditex.