O inverno non logra deter os proxectos de Voz Natura
No mundo da educación, Voz Natura identifícase cos centros educativos. E, en efecto, son esmagadora maioría entre os trescentos sesenta e oito que participan na actual edición do programa.
Pero non son os únicos, xa que hai diversas asociacións que están integradas na nosa edición número 26. Certo que esas asociacións adoitan traballar —sempre ou en momentos concretos— con colexios de Primaria e con institutos, e algunhas mesmo con nenos de Infantil. A elas tamén hai que darlles voz, porque de maneira xenerosa os seus integrantes invisten o seu tempo en difundir o coñecemento da natureza e en levar a cabo acciones directas de protección e recuperación.
Por exemplo, Xosé Manuel Feijoó, secretario dunha asociación de tan sonoro nome como é Vaipolorío, di que «estamos a levar a cabo a plantación de froiteiras autóctonas ao longo das marxes do río Gafo, en Pontevedra, para gozo e disfrute dos usuarios do sendeiro de dito río, e fácemolo en lugares que non molesten a ningún dos cultivos que lindan coa corrente»
Outra das entidades moi activas é Sustinea, que está a desenvolver agora mesmo o seu proxecto Chan de vida. Paulo Vázquez, unha das súas alma mater, explica en que consiste: «Festexamos as diferentes efemérides ambientais cos colectivos da inclusión da cidade de Ourense». Alto e claro.
As pasadas e intensas choivas encerraron momentaneamente á xente da asociación Avelaíña, pero xa volven estar a toda máquina e «no Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral en Ponteareas retomamos as nosas andainas biosaudables pola contorna do Condado e Paradanta», di Lucía González, quen engade que «paralelamente seguimos traballando de maneira transversal o hábito de reciclaxe dos residuos que se xeran diariamente non centro». Xosé Manuel Feijóo bota a vista aos centros: «O que facemos é coa colaboración do alumnado do IES Torrente Ballester, a Cruz Vermella do concello de Pontevedra e o CRA do concello de Vilaboa».
Pasou a Candelaria, metade do inverno, Paulo Vázquez, de Sustinea, pensa no futuro xa non afastado: «Agardamos a que inicie a primavera para poñer en marcha unha nova composteira no centro de menores e para facer a nosa reforestación anual nalgún dous montes queimados da nosa comarca». Máis preto ten a mirada Lucía González: «Xa comezamos a crear elementos decorativos para a festa do Entroido, dando unha segunda vida a diversos materiais reutilizables». Todos, infatigables.