Ábrese o prazo para participar na edición 27.ª de Voz Natura
Pasadomañá, mércores, empeza febreiro. E ese mesmo día, o 1, ábrese o prazo de inscrición para participar na edición número 27 de Voz Natura. É dicir, para desenvolver proxectos en colexios e outros centros e entidades educativas durante o curso 2023-24 acolléndose a esta iniciativa de La Voz de Galicia e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, e que conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, O Corte Inglés, a Fundación Ramón Areces e Inditex.
O tema principal —pero non único, debido a que ten cabida calquera actividade ambiental— sobre o que virarán eses proxectos será «Coñecemento e protección da fauna e flora autóctonas», como xa se anunciou o pasado 16 deste mes a piques de rematar.
Para dicilo con outras palabras, ese desafío en absoluto soa a chinés a ningún dos tres centenares e medio de centros que participan na edición actual: uns máis e outros menos, pero todos prestan atención á fauna e flora autóctona. Agora do que se trata é de facer un esforzo máis, maior e sostido no tempo co fin de preservar a natureza. Dise sempre que é para que as xeracións futuras gocen dela, e neste caso tal frase encerra rotunda verdade.
Pero por suposto resulta necesario coñecer os detalles antes de embarcarse nunha aventura que vai aglutinar a miles de alumnos, e aqueles estarán na sección Próxima edición da web do programa.
Aí os profesores interesados atoparán un sinxelo formulario que procede completar enteiro, sen lagoas. Iso implica detallar ben as accións e/o as actividades ambientais que se pensan levar a cabo cos alumnos e, se procede, cos pais ou entidades da contorna. Canta máis concreción, mellor.
Certo: non hai que correr porque do que se trata é de preparar un proxecto serio, rigoroso e, sobre todo, factible. Iso é o que vai valorar o xurado á hora de integralo en Voz Natura. Pero volvendo ao de antes e concretando: sobra tempo como para non presentar o primeiro que veña á mente, porque o prazo de inscrición remata dentro de mes e medio longo, o 15 de marzo. O cal, obviamente, non quere dicir que non haxa que poñerse a pensar e a traballar hoxe mesmo.