Viveiro defende a súa contorna ambiental
Se algo distingue a Voz Natura, iso é a acción directa. Trámites burocráticos non existen aquí, os puramente administrativos quedaron reducidos á mínima (e sinxela) expresión e o do que se trata é de traballar coa cabeza e as mans. E aprendendo e gozando. Diso dá exemplo a Asociación Prato_Do, de Viveiro, con magníficos traballos colaborativos no seu historial e con Lucas Requejo como portavoz.
O seu proxecto para esta 26 edición de Voz Natura leva por título Ecopegadas de Viveiro, e dalgunha maneira converteuse na súa reafirmación no mundo da defensa do medio ambiente. En efecto, trátase da cuarta vez que participa nesta iniciativa de La Voz de Galicia e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, e que conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, O Corte Inglés, a Fundación Ramón Areces e Inditex.
Lucas Requejo preséntase: «Somos unha entidade sen ánimo de lucro creada co obxectivo de mellorar a calidade de vida dás persoas». Alto e claro. E para conseguir ese obxectivo «promovemos e fomentamos ou desenvolvemento sostible en resposta a retos sociais e ambientias, e de maneira especial facémolo entre a comunidade educativa».
Ao anterior hai que sumar que Prato_Do é unha das 49 entidades que participan este curso escolar en Naturacción, e este á súa vez é un programa de Voz Natura patrocinado pola Fundación Alcoa —que se uniu no ano 2013 co obxectivo de atender ás especificidades ambientais da Mariña lucense e a súa contorna— co respaldo de Alcoa San Cibrán e a colaboración da Consellería de Educación. «Nós creamos accións de cambio por unha vida sostible para as vindeiras xeracións», di Lucas Requejo.
Un dos seus programas dos que o educador se mostra satisfeito é Ultralimento, quizais o máis coñecido nos colexios galegos xa que con el animan «á revolución nas escolas dende a alimentación e a imaxinación, cociñando receitas de cambio para nenos, familias e profesorado», en palabras do propio Requejo.
Animar á colaboración entre centros educativos («E visibilizar ou que de xeito extraordinario xa sucede así en Viveiro») e promover o intercambio de experiencias educativas doutros lugares para aprender delas inclúense na lista de obxectivos desta entidade que está á cabeza na limpeza colectiva dunha gran praia da súa comarca (a de Covas) a traballar co comercio local. O devandito: pura acción directa.