Voz Natura promove nas aulas a imprescindible innovación educativa
Primeira e obvia afirmación: sen innovación estariamos a vivir nas cavernas. Segunda e tamén obvia afirmación: sen innovación educativa estariamos, con sorte, na escola medieval ou, con máis sorte aínda, na enciclopedista do século XIX. De maneira que un programa como Voz Natura pode centrarse nos mesmos obxectivos xenéricos que cando comezou, fai máis dun cuarto de século, concienciar e implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza.
Pero o que non pode facer, e non fixo, é continuar coma se nada pasase no terreo da innovación educativa nestes 26 anos. «Hai que levala á aula en torno ao mundo natural», afirman desde a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.
As dúas persoas que desde Voz Natura impulsan esa innovación son Patricia Barciela, directora científica da Domus (A Coruña), e José Manuel Viñas, do IES David Buján (en Cambre, A Coruña). A primeira reflexiona: «É que os rápidos cambios que experimenta o mundo, como o avance tecnolóxico, a propia innovación, a crecente globalización ou as cambiantes demandas dos perfís dos traballadores están a redefinir o amplo conxunto de habilidades que os estudantes necesitan para estar adecuadamente preparados co fin de participar na sociedade actual e contribuír en ela».
Para que se necesita unha educación científica de calidade nos centros galegos? José Manuel Viñas teno claro: «Pode ofrecer un contexto rico para desenvolver moitas habilidades do século XXI». E a seguinte pregunta cae polo seu propio peso: que habilidades? «O pensamento crítico, a resolución de problemas e a alfabetización informativa, especialmente cando esa educación aborda a natureza da ciencia», responde o profesor, sen dubidar.
O espazo VOZ NATURA INNOVACIÓN EDUCATIVA é a nosa proposta para levar á aula a innovación educativa en torno ao mundo natural. Aquí, as persoas dedicadas á educación poden atopar experiencias xa probadas, suxerencias de formación, eventos de recoñecido prestixio ou entrevistas a educadores que destacan pola súa capacidade innovadora. Un espazo en continua ebulición que serve como ferramenta de apoio para innovar en educación e medio ambiente.
Podes suscríbirte ao boletín quincenal para estar ao día das últimas publicacións!