Comeza a 26.ª edición de Voz Natura cunha aposta polo consumo sostible
Coas forzas recuperadas tras un curso marcado por grandes retos ambientais comeza a 26.ª edición de Voz Natura, o programa de educación desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.
Os docentes, alumnos, familiares e institucións colaboradoras xa están listos para sumarse ás accións previstas durante este ano escolar. Baixo a premisa «O teu consumo deixa pegada», a liña de traballo prioritaria centrarase no consumo responsable, sostible e respectuoso co medio ambiente.
As iniciativas estarán vinculadas á correcta xestión e o uso eficiente dos recursos naturais, a redución, reciclado e reutilización de refugallos, o aforro enerxético e outros proxectos destinados a reducir a pegada ecolóxica. No entanto, haberá espazo para outras propostas de acción directa sobre o planeta.
Este ano gañarán peso as ecoauditorías escolares, un exercicio no que os nenos e nenas do programa terán o protagonismo. Serán os encargados de monitorear nas aulas o uso e control de residuos como papel, cartón, latas, pilas; ademais de regular a través de medicións periódicas o consumo da auga e a enerxía.
Na pasada edición os eco-retos —propostas que se lanzan mensualmente a través das redes sociais— serviron de guía para integrar aos centros Voz Natura nunha mesma causa ambiental. Este curso replicarase a dinámica, dada a alta participación e os excelentes resultados divulgativos.
Voz Natura volve ás aulas con miles de profesores, alumnos e familias envorcados na protección do medio ambiente e grazas ao apoio de La Voz, a Fundación e os patrocinadores do programa: a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, El Corte Inglés, a Fundación Ramón Areces e Inditex.
Os docentes, alumnos, familiares e institucións colaboradoras xa están listos para sumarse ás accións previstas durante este ano escolar. Baixo a premisa «O teu consumo deixa pegada», a liña de traballo prioritaria centrarase no consumo responsable, sostible e respectuoso co medio ambiente.
As iniciativas estarán vinculadas á correcta xestión e o uso eficiente dos recursos naturais, a redución, reciclado e reutilización de refugallos, o aforro enerxético e outros proxectos destinados a reducir a pegada ecolóxica. No entanto, haberá espazo para outras propostas de acción directa sobre o planeta.
Este ano gañarán peso as ecoauditorías escolares, un exercicio no que os nenos e nenas do programa terán o protagonismo. Serán os encargados de monitorear nas aulas o uso e control de residuos como papel, cartón, latas, pilas; ademais de regular a través de medicións periódicas o consumo da auga e a enerxía.
Na pasada edición os eco-retos —propostas que se lanzan mensualmente a través das redes sociais— serviron de guía para integrar aos centros Voz Natura nunha mesma causa ambiental. Este curso replicarase a dinámica, dada a alta participación e os excelentes resultados divulgativos.
Visitas do Comité Científico
A partir de hoxe entra en acción o Comité Científico de Voz Natura. Ata o mes de decembro estarán a visitar os 368 centros que forman parte do programa para asesorar e axudar a situar no terreo cada un dos proxectos. A zona do Barco de Valdeorras foi a escollida para iniciar o percorrido que se repetirá no segundo semestre do curso co obxectivo de medir a evolución dos proxectos.Voz Natura volve ás aulas con miles de profesores, alumnos e familias envorcados na protección do medio ambiente e grazas ao apoio de La Voz, a Fundación e os patrocinadores do programa: a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, El Corte Inglés, a Fundación Ramón Areces e Inditex.