CAST
|
GAL

Decimoquinta edición (2011-2012)

Talleres ambientais con Bricor

 
Dotar de contido ás conmemoracións ambientais e promover condutas responsables co medio son os obxectivos da inciativa que pon en marcha Voz Natura e a cadea de grandes superficies Bricor. Para iso, seleccionaron cinco Días Mundiais -dedicados aos bosques autóctonos, ao non uso de praguicidas, ás árbores, ao auga e á reciclaxe- para organizar ao redor deles diversos talleres.


A responsable de impartir os talleres, a enxeñeira forestal Silvia Sueiro, indica que se trata de dar unha visión científica explicando de forma didáctica ao público en xeral a importancia de cada Día». En cada taller realizarase unha descrición do tema e ofreceranse exemplos de accións que, de forma individual, pódense levar a cabo para protexer o medio.

Os talleres realizaranse ao longo dos próximos meses. Coincidindo con cada un deles e para completar a conmemoración de cada efeméride, Bricor ofrecerá tamén descontos especiais nos produtos relacionados con cada celebración que se poderán consultar na propia tenda dedicada á bricolaxe, decoración, xardín e reformas.

As actividades están abertas a todo o público -os contidos adaptaranse ás idades dos participantes- e realizaranse na zona da entrada do establecemento de Bricor na Coruña, situado no centro comercial Marineda City. Son gratuítas pero con aforamento limitado polo que deben reservar a súa praza chamando ao 981 632 000.