CAST
|
GAL

Decimoquinta edición (2011-2012)

Un concurso elixirá a foto máis orixinal da festa 2012

 
Orixinal, creativa, curiosa, simpática... Voz Natura quere atopar a foto máis rechamante da festa fin de curso 2012 que se celebrará o próximo sábado 2 de xuño no parque de Acea de Ama (Culleredo-A Coruña). A festa está aberta a todo aquel que desexe asistir, participe ou non no programa, do mesmo xeito que o concurso que se pon en marcha a través da páxina de Facebook do programa.

Para participar, só é preciso tomar unha foto nalgún momento da festa -que comezará ás 11.00 e se prolongará ata as 19.30 horas-, presentala a través do formulario de participación que estará dispoñible no Facebook de Voz Natura e, por último, compartir o concurso co maior número posible de amigos para obter votos. Cada participante poderá presentar un máximo de tres imaxes.

O prazo de presentación das fotos abrirase o mesmo sábado 2 de xuño, ás 11.30 horas, e pecharase o día 12, á mesma hora. Desde o 12 ata o 28 de xuño se poderá votar. A imaxe que máis votos obteña no momento de pechar as votacións será a gañadora e o seu autor levarase como premio un lote de aventura formado por unha tenda de campaña, unha mochila de sendeirismo e un saco de durmir.

Nesta páxina podes DESCARGAR A AUTORIZACIÓN que deben presentar os menores de 14 anos que queiran participar e CONSULTAR AS BASES.