CAST
|
GAL

Vigésimo cuarta edición (2020-2021)

Vídeo dos premios Voz Natura 24ª edición

 
Os centros gañadores desta 24ª edición de Voz Natura recibiron os seus galardóns nun sinxelo acto no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre de La Voz de Galicia

Ante a situación sanitaria actual e por motivos de seguridade, a gala foi reducida, sen os estudantes e coa única presenza dun docente de cada centro premiado. Os alumnos interviñeron de maneira telemática, seguindo a gala desde os seus centros escolares.

Asistiron tamén representantes das institucións e empresas que patrocinan o programa e directivos da Corporación Voz de Galicia que se encargaron de entregar os galardóns, así como os responsables do programa e o seu Comité Científico. 

O acto foi presentado pola xornalista de Radio Voz, Loreto  Silvoso e proxectáronse vídeos resumen dos traballos ambientais gañadores.