CAST
|
GAL

Vigésimo cuarta edición (2020-2021)

Os Premios  Aproema Medio Ambiente destacan en Vigo o labor de Voz Natura

 
Tratar de conectar de forma eficiente aos diferentes axentes que interveñen no actual ciclo «produción-consumo-refugallo» é un dos obxectivos do proxecto  Aproema Conecta, que desenvolve a Asociación Profesional de Empresas Ambientais de Galicia.

Para presentar as conclusións da primeira parte do plan celebrouse onte no Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo unha xornada dedicada a poñer en valor a economía circular, na que tamén se entregaron os premios que desde fai cinco anos concede este organismo a outras entidades que traballan no mesmo sentido, remando a favor da conservación do Medio Ambiente.

Así,  Nazareth Díaz Castro, coordinadora do Programa Voz Natura, recolleu de mans de Javier Domínguez Lino, presidente de Sogama, o galardón na categoría de entidade privada, polo labor educativo que desenvolve.

Dous centros que participan en Voz Natura tamén foron distinguidos: o Colexio Divina Pastora Franciscanas de Ourense e a Asociación Amicos. Voz Natura é un programa da Voz desenvolto pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre que ao longo do curso que agora finaliza contou co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e  Vivenda, a Deputación da Coruña, Fundación Alcoa, O Corte Inglés e Fundación Ramón Areces.