CAST
|
GAL

Vigésimo cuarta edición (2020-2021)

O 1 de febreiro, ábrese o prazo de inscrición para participar na próxima edición

 
Hora de botar a vista atrás. Sen deterse, por suposto. Pero este é un deses momentos nos que hai que comprobar a distancia percorrida, onde estamos e, importante, con quen imos. O porqué é moi claro: na fundación Santiago Rey Fernández-Latorre están cos preparativos para conmemorar o 25 aniversario daquel minuto uno en que se puxo en marcha o programa Voz Natura.

Así que o vindeiro luns 1 de febreiro lánzase a próxima edición (curso 2021-2022), ese número redondo, e abrirase o prazo de inscricións a través do formulario da web www.voznatura.es, prazo que por certo non se pechará ata mediados de marzo.

E se o Camiño de Santiago é o eixo central dos centros que este ano traballan en proxectos de Voz Natura, cal vai ser o desa edición tan especial? «Ao estar de aniversario non hai unha temática concreta», informan desde a devandita fundación. E que quere dicir iso exactamente? «Damos liberdade porque o que queremos é que sexa unha edición o máis variada posible, na que teña cabida calquera tema ambiental que motive ou interese aos participantes», engade  Nazareth Díaz, coordinadora do programa. Esa é tamén, na súa opinión, «outra forma de reflectir o que foron estes 25 intensos e desde logo divertidos anos».

En efecto, Voz Natura (un programa de La Voz de Galicia desenvolto pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre que conta co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e  Vivenda, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, O Corte Inglés e a Fundación Ramón Areces) faise maior, que non vello. Porque a concienciación e defensa do medio ambiente, que é o seu obxectivo, pasou de ser unha cincenta social a atopase en primeira liña. Tanto entre as persoas como nas empresas e na Administración pública.

Ese botar a vista atrás permite ver non poucos logros e poder  enorgullecerse lexitimamente deles. Porque nestes 25 anos fomentouse o respecto pola contorna natural, e colaborouse de maneira firme e constante a aumentar a entón case inexistente responsabilidade social. Voz Natura axudou, e moito, a consolidar a educación ambiental en colexios e institutos.

Si, corría o curso 1997-98 cando 109 centros animáronse a participar naquela primeira edición. Hoxe son 365, e nestes anos leváronse a cabo máis de 5.000 proxectos (insistamos: ambientais). E iso responde a unha das preguntas iniciais: con quen percorremos este camiño. A resposta é: coa mellor das compañías posibles. Ou sexa, con toda a comunidade educativa deste país chamado Galicia.