CAST
|
GAL

Vigésimo cuarta edición (2020-2021)

Voz Natura adapta a súa 24.ª edición ao escenario derivado do covid-19

 
Miles de escolares volven estes días ás aulas en Galicia e, con eles, ponse en marcha a 24.ª edición de Voz Natura. O programa ambiental de La Voz de Galicia desenvolto pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre tamén se tivo que adaptar aos novos tempos trazando os seus propios protocolos para que a edición poida seguir adiante coa máxima seguridade nos 365 centros participantes.

Voz Natura converterase este curso no mellor aliado de moitos colexios, institutos e asociacións para fomentar as actividades no exterior. Mantendo os denominados grupos estables de convivencia, os escolares aproveitarán para realizar actividades ao aire libre dentro do recinto educativo -os hortos terán máis peso que nunca, se cabe- ou fóra das súas instalacións, aqueles que teñan preto os ecosistemas nos que tivesen previsto actuar.

Nalgúns casos, os equipos Voz Natura viron como a situación actual fai imposible desenvolver algunha parte do seu proxecto. Neles, os coordinadores de cada traballo están xa propoñendo á organización do programa unha reorientación dos proxectos, substituíndo por outras as accións que non van poder levar a cabo, polo menos nestes primeiros meses.

As actividades  on- line e os blogues serán tamén bos aliados para seguir profundando na educación ambiental.

Visitas do comité para  ayudar
El portavoz do comité científico, Alejandro Díaz, comezou a semana pasada a primeira rolda de visitas aos centros participantes. Trátase de encontros previamente concertados, unicamente co coordinador do traballo, sen contacto algún cos nenos, que se realizan cando é posible nas zonas exteriores do centro. Os colexios da provincia de Ourense son os primeiros que está a visitar o comité. Sempre cos equipos de protección persoal adecuados e respectando as distancias de seguridade, as visitas son este curso especialmente necesarias para axudar a aqueles equipos que o necesiten a  reformular os proxectos.

Apoyos
El programa Voz Natura conta co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e  Vivenda, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, O Corte Inglés e a Fundación Ramón Areces.