CAST
|
GAL

Vigésimo cuarta edición (2020-2021)

O comité inicia as visitas para axudar na adecuación dos proxectos

 
O portavoz do comité científico, Alejandro Díaz, comezou a primeira rolda de visitas aos centros participantes. Trátase de encontros previamente concertados, unicamente co coordinador do traballo, sen contacto algún cos nenos, que se realizan cando é posible nas zonas exteriores do centro. Os colexios da provincia de Ourense son os primeiros que está visitando o comité. 

Sempre cos equipos protección persoal axeitados e respectando as distancias de seguridade, as visitas son este curso especialmente necesarias para axudar a aqueles equipos que o necesiten a reformular os proxectos. Algúns centros tiveron que modificar parte das actividades que tiñan previstas para adaptarse ás restricións impostas polo coronavirus.

Neste mapa podes coñecer a localización dos 365 centros educativos participantes e seguir as viaxes do Comité Científico.