CAST
|
GAL

Decimoctava edición (2014-2015)

O CEIP Albino Núñez de Ourense gaña o premio ao mellor blog

 
Do horto ao prato. Ou xardín dous sentidos é o título do blog Voz Natura do CEIP Profesor Albino Núñez, de Ourense. Este caderno dixital foi seleccionado polo xurado do Voz Natura como o mellor do curso 2014-2015 dos que forman a súa comunidade virtual.

 
A profesora Marisol Fernández Cid está á fronte deste proxecto para o que conta coa colaboración dos seus compañeiros. O seu traballo converte á bitácora ganadora nun excelente escaparate para mostrar o labor ambiental que desenvolven cos 75 alumnos de infantil: proxectos cooperativos que integran educación ambiental, para a saúde e en valores.
 
No ditame do premio, o xurado destacou as innumerables actividades e recursos que integra o blog; a sección Fichas do horto, na se promueve que o alumno coñeza as propiedades e características do produto que sementa; o deseño do caderno, e a súa coidada estrutura.
 
Dúas escolas infantís, finalistas
Os educadores de infantís arrasan este curso na comunidade virtual de Voz Natura. Si o blog ganador reflicte o traballo de alumnos nesta etapa educativa, os dous finalistas son directamente de escolas infantís: Monte da Guía, de Vigo, co seu blog QuéroTe verde, e a rede Cativos, integrada por oito centros en distintas localidades galegas, co caderno Brigadas ecolóxicas Cativos.
 
Incentivados polos cursos formativos para o profesorado que imparte Voz Natura e guiados polo BlogMaestro do programa, a comunidade virtual crece en número e calidade cada ano. Este curso constatouse un aumento na frecuencia das publicacións nos blogs e do número comentarios, ademais dunha maior interactuación entre os distintos cadernos, cada vez con máis recursos e enlaces.