CAST
|
GAL

Decimoctava edición (2014-2015)

Accións formativas do Seprona contra os incendios forestales

 
A Garda Civil regresa un curso máis ás aulas, da man de Voz Natura, co obxectivo de previr os incendios forestais e concienciar aos máis novos sobre o grave dano que o lume causa nos ecosistemas.

Por cuarto ano consecutivo, os axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) desprazaranse novamente aos centros educativos que así o soliciten para informar aos alumnos sobre o labor que desenvolven, ofrecerlles consellos útiles sobre a prevención de incendios e aclarar calquera dúbida ou curiosidade sobre o traballo de protección medioambiental.

Os centros que desexen solicitar unha charla, poden facelo descargando ESTE FORMULARIO, que deberán cumprimentar e enviar á dirección de correo electrónico que figura no mesmo, segundo a provincia á que pertenzan.

Unha vez recibidas as solicitudes, a Garda Civil poñerase en contacto cos colexios ou institutos para confirmar as visitas, que terán unha duración aproximada de cincuenta minutos e que se realizarán ao longo de todo o curso. Estas charlas adaptaranse aos distintos niveis educativos (infantil, primaria, secundaria, bacharelato, especial ou formación profesional).