CAST | GAL

Décimo novena edición (2015-2016)

Comezan as visitas do comité científico

 
Coincidindo co arranque do curso, o comité científico de Voz Natura ponse en ruta a partir do 15 de setembro para visitar a todos e cada un dos 324 centros participantes no programa.
Durante máis de dous meses, e con miles de quilómetros por diante, o comité coñecerá de primeira man as actividades que profesores e alumnos teñen previsto realizar neste curso. Esas visitas son o escenario idóneo para suscitar dúbidas, facer suxestións, ou calquer tipo de observación que nos queirades facer chegar.

Os centros da provincia de Ourense serán os primeiros en recibir aos expertos do programa, para beneficiarse dos seus recomendacións e apoio técnico, co obxectivo compartido con todos vós de que os traballos se desenvolvan co máximo rigor e respecto aos ecosistemas.