CAST | GAL

Décimo novena edición (2015-2016)

Unha edición especial para celebrar os 20 anos de Voz Natura

 
Cando arranque o próximo curso, no mes de setembro, comezará tamén unha edición moi especial de Voz Natura. O noso programa de educación ambiental celebrará o seu vixésimo aniversario. Dúas décadas nas que puxo a disposición dos centros educativos de Galicia as ferramentas para integrar as actividades ambientais no seu día a día. O 1 de febreiro ábrese o prazo para participar. 

 
Neste curso 2015-2016 participan 324 centros de todos os niveis —excepto o universitario— e asociacións. Para o próximo, Voz Natura espera que sexan máis, mantendo a progresión ascendente deste programa que non parou de crecer desde que en 1997 comezou con 109 centros.
 
Novos traballos
Entre o próximo 1 de febreiro e o 15 de marzo estará aberto o prazo de presentación de propostas de actuación ambiental para o próximo curso. Para celebrar o aniversario, Voz Natura deseñará unha edición especial, con actividades conmemorativas nas que os equipos participantes serán os protagonistas. 
 
En primeiro lugar, a organización do programa non proporá este curso un tema destacado como viña facendo nas últimas edicións, senón que deixará en mans de profesores e alumnos a selección do eixo central dos seus proxectos. Con iso, Voz Natura quere animar aos equipos a que definan eles mesmos as prioridades no coidado da súa contorna máis próxima, conxugando a continuidade nos proxectos con novas e orixinais propostas de recuperación ambiental.
 
Os proxectos poderanse presentar a partir do día 1, cando estará xa activado o formulario da sección Próxima edición.