CAST | GAL

Décimo novena edición (2015-2016)

Voz Natura celebrou o Día da Árbore no CEIP Gregorio Sanz, de Ribadeo

 
Hoxe é un día moi especial para os 324 centros educativos e asociacións que participan en Voz Natura. Aproximadamente un 70% dos proxectos que están en marcha este curso inclúen plantacións e reforestacións. Por iso, o Día da Árbore ou Día Internacional dos Bosques que hoxe se conmemora en todo o mundo a instancias da ONU, é unha das xornadas de máis actividade. O venres pasado, o programa abriu calendario de conmemoracións cunha plantación realizada en por os alumnos o colexio Gregorio Sanz de Ribadeo, en representación dos 59.000 nenos e mozos que participan nesta 19.ª edición de Voz Natura.

 
Este centro é un dos 37 do norte de Lugo que este curso participan en Naturacción, un subprograma de Voz Natura patrocinado pola Fundación Alcoa co respaldo de Alcoa San Ciprián e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
 
A comunidade educativa do centro celebraba tamén a súa quinta Semana Escolar da Árbore e a auga, en colaboración coa Deputación de Lugo. Neste contexto, os 400 alumnos de Infantil e Primaria levaron a cabo diferentes actividades baixo o lema «Queremos vida», desde lectura de poemas e ecoconsellos a dramatizacións e plantacións de árbores na zona verde do colexio (azaleas, camelias, laranxeiras, limoeiros e castiñeiros), aos que puxeron nome os propios alumnos.
 
Todos eles, co gallo da quinta Semana Escolar da Árbore e a auga, foron agraciados pola Deputación de Lugo con 130 exemplares do libro Érase unha vez un castiñeiro (para Infantil) e 270 do Castiñeiro dous desexos (para Primaria).
 
No centro ribadense tamén están a traballar, no comedor e nas aulas, na concienciación do uso sostible da auga como ben escaso.
 
O Gregorio Sanz é un centro cunha dilatada participación en Voz Natura. Así o recordou a directora do colexio, Lourdes Marqués Espiña, quen destacou a contribución de Voz Natura para favorecer boas prácticas ambientais, o seu asesoramento e a continuidade do programa. «A labor común é sensibilizar ao alumnado non respecto e coidado do medio ambiente. (...). Eles, vos alumnos, son vos protagonistas dun gran proxecto común: facer un mundo mellor». Por iso avogou por que a celebración do venres teña continuidade no día a día. Nesta idea incidiu tamén o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, quen recordou que el sendo neno tamén participara nunha plantación de árbores no mesmo centro. «Coidade ou territorio onde vivides», dixo, e engadiu: «Dade exemplo e non dubidedes en rifar aos maiores cando vexades que fan as cousas mal».
 
Ao acto do venres tamén asistiron, entre outros, María Loureiro, alcaldesa de Viveiro e deputada provincial, en representación da Deputación de Lugo; en nome de Alcoa Abel Gómez González, Xefe de Administración e Servizos Centrais, e Hilda Rubal, de Relacións coa Comunidade, e a delegada territorial da Consellería de Educación, Mariña Gueimunde1