CAST | GAL

Décimo novena edición (2015-2016)

Os traballos ambientais deste ano entran na súa recta final

 
Traballos multidisciplinares, orixinais, innovadores e colaborativos. Estas son, a xuízo do comité científico, as características máis destacadas dos 324 proxectos ambientais que se están desenvolvendo este curso. Este mes conclúen a súa segunda rolda de visitas aos centros para coñecer de primeira man en que consisten as súas actuacións. 
 
Alejandro Díaz Sueiro, portavoz do comité, resalta que este curso moitos centros deron un paso máis e desenvolven o seu traballo en colaboración con outros, achegando así un valor engadido ao labor ambiental. En canto á temática, Díaz Sueiro asegura que: «Hai proxectos moi orixinais que abordan o traballo desde perspectivas innovadoras que nos chamaron moito a atención. Ademais, constatamos que a edición anterior, dedicada aos hortos ecolóxicos, foi todo un éxito xa que os hortos postos en marcha mantéñense, perduran e son xa unha parte máis dos traballos escolares».
 
A mediados do mes de maio faranse públicos os nomes dos proxectos gañadores deste curso.