CAST
|
GAL

Decimonovena edición (2015-2016)

Participa no concurso de vídeos ambientais 2016

 
 Voz Natura propúxose mostrar ao mundo como se coida a natureza en Galicia e tamén no resto de España. Para iso, pon en marcha por cuarto ano consecutivo un concurso de vídeos no que pode participar todo aquel que o desexe, participe ou non no programa.

 
O único requisito para presentarse é ter realizado ou estar a realizar accións de protección ambiental ao longo do período equivalente ao curso escolar 2015-2016 e ter memoria gráfica diso. Admítense vídeos con imaxe en movemento pero tamén outros realizados a partir de presentacións de fotografías. Os traballos poden referirse a unha acción concreta ou a un programa máis amplo con diferentes actuacións.
 
Como participar
O certame articúlase a través da páxina en Facebook do programa. Alí pódense presentar os traballos ata o próximo día 20. As votacións públicas durarán desde ese mesmo día ata o 1 de xuño. Os cinco vídeos máis votados serán os finalistas. Entre eles, o xurado seleccionará ao gañador final. O seu autor levará como premio unha tablet que se entregará no marco da gran festa fin de curso que celebraremos o 4 de xuño.
 
Consulta aquí as BASES DO CONCURSO.
 
Os menores de 14 anos que desexen presentar un vídeo deben remitir a Voz Natura esta AUTORIZACIÓN asinada polos seus pai ou titores legais.