ECO-RETOS Voz Natura
No 25 aniversario de Voz Natura, animámosvos a participar nesta actividade co obxectivo de seguir impulsando a acción e concienciación ambiental.
Como?
É moi sinxelo. Só tedes que mostrarnos en redes sociais o que estades a facer... Porque sabemos que facedes moito polo medio ambiente!
Cada mes, propoñémosvos un reto-25: plantar 25 árbores ou plantas; recoller 25 latas do parque, praia, río ou bosque; limpar 25 metros de calquera ecosistema; 25 ideas para concienciar, reciclar 25 envases en casa, o cole, etc.; recoller 25 kg de papel, pilas,… ou calquera outra acción ambiental que se vos ocorra. E, todo isto, para facer no cole, en casa, con amigos, etc.
Cando o consigades, sacades unha foto ou facedes un vídeo cortito (menos dun minuto) e subídelo a Facebook ou a Instagram, engadindo o hashtag #Accion25VozNatura e o hashtag de cada mes. E... Non vos esquezades de etiquetar cada foto ou vídeo con: @voznatura para que podamos ver todo o que publicades!
***************************************************************************************************************
Neste mes de xuño, o reto é: Presumimos de todo o que levamos feito durante o curso e mostrámolo ao mundo a través das redes sociais. Hashtag: #RetoPresumimos.
É dicir, todas as fotos, vídeos e contidos compartidos nas vosas redes sociais ao longo do mes, deben ir acompañados dos hashtags #Accion25VozNatura y #RetoPresumimos (ademais de etiquetarnos con: @voznatura).
Co reto deste mes pechamos o ciclo de eco-retos da 25 edición de Voz Natura: #RetoLimpamos, #RetoInvestigamos, #RetoReutilizamos, #RetoDivulgamos, #RetoAforramos, #RetoPlantamos, #RetoConcienciamos, #RetoReciclamos
Foi unha experiencia enriquecedora compartir os nosos logros ambientais!